tecnocesures

13 setembro 2016

INSTALACIÓNS EN VIVENDAS

Os Estándares de Aprendizaxe para este Bloque 2. Instalacións en vivendas son:
TEB2.1.1. Diferencia as instalacións tipicas dunha vivenda.
TEB2.1.2. Describe os elementos que compoñen as instalacións dunha vivenda.
TEB2.2.1. Interpreta e manexa simboloxía de instalacións eléctricas, calefacción, subministración de auga e saneamento, aire acondicionado e gas.
TEB2.2.2. Deseña con axuda de software unha instalación para unha vivenda tipo con criterios de eficiencia enerxética.
TEB2.3.1. Realiza montaxes sinxelas e experimenta e analiza o seu funcionamento.
TEB2.4.1. Propón medidas de redución do consumo enerxético dunha vivenda.

Os contidos correspondentes:
B2.1. Instalacións características: eléctrica, de auga sanitaria e de saneamento.
B2.2. Outras instalacións: calefacción, gas, aire acondicionado e domótica.
B2.3. Normativa, simboloxía, análise e montaxe de instalacións básicas.
B2.4. Aforro enerxético nunha vivenda. Arquitectura bioclimática

Para esta parte da materia tamén imos aprender a aprender.
Coido que para ver estes contidos convén utilizar ESTA SITE, que é a máis amigable das que encontrei. Ao ser interactiva, non é imprimible, pero podedes sacar boa información dela.

Dentro dos imprimibles:
ESTA LIGAZÓN lévavos a un site que desenvolve todos os puntos básicos.
ESTOUTRA lévanos a uns apuntes que están bastante ben, e ademais foron feitos en Rianxo.
> ESTA ÚLTIMA é interesante porque afondan máis no asunto das instalacións e da simboloxía, e poñen mesmo exercicios, aínda que se cadra afondan en exceso.

Etiquetas: , ,