tecnocesures

28 fevereiro 2011

A VOLTAS COS HERCIOS

Comentábavos que non tiña moi claro que países tiñan a corrente a 60 Hz, e que me soaba que na Gran Bretaña tíñano así (ademais de nos EE.UU. e probablemente en Xapón e noutros). Eis a solución nesta páxina tan curiosa. Non sei antes, pero agora está a cousa así no U.K., con enchufes raros pero 50Hz (se esta páxina está ben).

Neste foro (sempre hai que ter coidado co que contan nos foros, porque non se sabe a credibilidade que ten o que escribe) falan sobre se é máis interesante 50Hz ou 60Hz e noutro encontro a seguinte resposta dun tal Víctor sobre por que en Europa andamos a 50Hz e en EE.UU. a 60Hz :
Bueno el porq de q en uno 60hz y en el otro 50 hz es porq en ese tiempo en EU la GE decidio q la mejor frecuencia era la de 60 hz, en cambio en europa la alemana AEG se decidio por la de 50 hz.
Hay q tener cuidado con los adaptadores ya q si conectas un aparto de 60 hz a el de 50, funcionara mal, en cambio de 50/60 hz por lo general no tienen problemas....”.
Se entrastes no foro do que vos poño a ligazón teredes visto que este Víctor non é o único que dá esa explicación (contrastarei esta teoría un día que teña tempo, pero semella unha explicación razoable. Supoño que GE é General Electric e AEG a marca de electrodomésticos que aínda anda por aí… -ver P.D.-).
Na entrada da Wikipedia -en inglés- din que "Both frequencies co-exist today (some countries such as Japan use both) with no technical reason to prefer one over the other and no apparent desire for complete worldwide standardization"; iso quere decir mais ou menos que "ambas frecuencias coexisten hoxe (algúns países coma Xapón usan as dúas) sen razóns técnicas para preferir unha antes cá outra e sen desexo aparente por chegar a un acordo global".

Polo mesmo prezo tamén hai un por aí que explica noutro foro as diferencias entre corrente alterna e continua...

P.D.: Eis un artigo que fala dos 50Hz e 60Hz que parece que resolve algunhas das dúbidas...

Etiquetas: ,