tecnocesures

16 dezembro 2009

ENTREGA DOS POSTS: FACTOR NEVE

Hoxe, 16 de decembro, as clases foron suspendidas pola Consellaría.
Porén, avisouse con antelación suficiente que a DERRADEIRA data de entrega dos posts era o día 16 de decembro de 2009 no momento do fin da clase -12h45- (é dicir, podían entregarse antes) e que calquera que pensase que podía ter algún problema para remitilo nesa data podía remitilo antes. Por iso, a data de entrega tope segue sendo o día de hoxe e a hora, a mesma.
Excepcionalmente, con penalización, serán admitidos os traballos con demora que cheguen ao enderezo electrónico tecnocesures@hotmail.com antes das 9h50 do xoves 17 de decembro de 2009. As imaxes que ilustran os posts serán recollidas na clase do xoves, polo que debedes traelas á clase nunha memoria.

PS: Tódalas horas e datas son as oficiais galegas

Etiquetas: